lunes, 2 de octubre de 2017

GALIZA: Organizacions sindicais apoian a folga xeral en Catalunya mentras os amarelos CC.OO. e UGT desmarcanse.



Manifesto sindical en apoio á folga xeral convocada para o 3 de outubro en Catalunya.
Defenden o dereito de autodeterminación e a decidir como saída “para unha experiencia democrática real”


Barcelona - 02 Out 2017

En Barcelona volvemos atoparnos centrais sindicais de todos os pobos e nacións do estado español, convocadas para asistir e acompañar o desempeño do reto que o pobo catalán se puxo a si mesmo: defender o dereito a decidir o seu futuro, sen pedir permiso nin perdón, no marco de estratexias propias e exercendo desde agora mesmo como un exemplo internacional de democracia popular.


No podemos senón celebrar, en primeiro lugar, a alegría, a determinación, a intelixencia política e a dignidade coa que un pobo que dixo que ía votar realizou o seu propio obxectivo. A mobilización de millóns de persoas convocadas a expresar a súa vontade non pode pasar desapercibida. O sometemento a un taboleiro de xogo imposto ou a liberdade, e o pobo catalán elixiu isto último.

A fracasada estratexia do réxime de someter a vontade do pobo catalán, traducida nun permanente acoso policial e xudicial que se saldou onte con centos de feridos e o secuestro de preto de 400 colexios electorais e máis de 700 mil voces acaladas, require a nosa firme condena. Pero isto non pode, en ningún caso, ensombrecer que onte o pobo catalán venceu unha batalla determinante e con el a clase traballadora de todos os pobos e nacións do estado puidemos dar un salto adiante.

Ademais de que queda patente con este proceso que o actual modelo territorial está esgotado, ao fin ponse en xaque o réxime do 78 e con iso cuestiónase a lexitimidade que as institucións herdeiras dese réxime teñen para administrar os nosos destinos. O dereito de autodeterminación e o dereito a decidir se presentan hoxe como unha saída para unha experiencia democrática real. O desborde democrático é tal que é agora o pobo organizado na rúa quen dita o ritmo dun proceso de autor realización popular que concita o noso apoio.

Con esta declaración, e sendo conscientes de que os recursos cos que o estado español quere dificultar este proceso son moitos e os seus corpos represivos están aínda aloxados en Catalunya, queremos transmitir o noso apoio á folga xeral do 3 de outubro e animar no seu empeño a todo un pobo e a unha clase traballadora á que, malia as dificultades, xa só lle pode esperar a vitoria.

ASINAN:

CIG, ELA, LAB, CUT, Intersindical Valenciana, Intersindical Canaria, SAT, Colectivo Unitario de Trabajadores (CUT), ESK, CUT (Galiza), CSI, Confederación Intersindical, COS, STEILAS e STEI

No hay comentarios: