sábado, 22 de agosto de 2015

TURQUIA E KURDISTAN NORTE: Continuan os combates en moitas zonas do Kurdistán.



correovermello-noticias
Ankara, 22.08.15
Reportanse centos de enfrentamentos entre forzas represivas fascistas e combatentes kurdos ben das HPG ou de autodefensas locais.
En Van unidades guerrilleiras emboscaron un comboy policial deixando unha decena de fascistas feridos. Así mesmo catro membros das forzas de operacions especiais resultaron mortos en enfrentamentos en Yeni Van.
En Sirnak os guerrilleiros atacaron tres helicópteros do tipo Sikorsky e Cobra despois de que despegaron da zona Kato Jirka no distrito de Beytussebap o 21 de agosto Un dos aparatos foi severamente dañado e obligados a retirarse da zona.
En Amed as HPG desmenten as noticias do mando militar fascista sobre a morte de combatentes guerrilleiros na zona.
Tamen informase doutra acción contra o posto de garda de Verkalıt no distrito Baykan, Siirt o pasado 20 de agosto. Os guerrilleiros destruieron un emplazamento de armas pesadas no posto, dando morte a dous soldados.

No hay comentarios: